Chega unha nova edición da Semana de Cine que este ano conmemora os 40 anos de historia de cine do Cine Clube Ádega.
Seguindo a nosa filosofía este ano o cartel é obra do artista Xan Paz.
As actividades comezan coa presentación da Semana o Domingo 31 de Xullo coa proxección de balde na Rúa Romero Ortíz de “El Desconocido” coa presenza do montador e director de cine Jorge Coira (Goya pola Montaxe) que nos falará da súa experiencia, ademais contaremos coa actuación de Gonzalo Arca que ten dous temas na banda sonora do filme.
O luns día 1 de Agosto comezan as sesións no Salón García, serán catro intensos días cunha selección de filmes moi coidada e que rematarán ó xoves 4 de agosto.
Os prezos son de 4 euros por sesión para o público xeral e de 2 euros para socios, con posibilidad de mercar o abono para as 4 sesións que será de 12 euros para o público e de 6 euros para os socios.
Remataremos a semana cunha gran festa de despedida coa proxección do filme “Cabaret” de Bob Fosse e a actuación en directo do espectáculo e escenificación de Cabaret por parte da compañía de Nelson Quinteiro. Será aberto o público e de balde o Venres día 5 de Agosto na Rúa Ramón y Cajal, diante do Parque de Ravella.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.