Con motivo do Orgullo LGTBI colaboramos coa Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía para programar este Ciclo de Cine.
Abrimos o ciclo o Xoves 11 de xullo co film estadounidense “The Miseducation of Cameron Post”, dirixida por Desiree Akhavan que se estrea esta mesma semana en España. Ao remate desenvolverase un coloquio a cargo dos integrantes do Grupo de Diversidade Afectivo Sexual do IES Castro Alobre.
O xoves 18 de xullo proxectarase “Laurence Anyways”, unha película canadense de Xavier Dolan tras a cal se abrirá un coloquio no que intervirá Carolina Smith para relatar a súa experiencia como muller transexual na década dos 80, así como unha representante da asociación “Nos Mesmas” de Vigo. Estas proxeccións terán lugar no Salón García a partir das 21:00 horas.
O ciclo de cine de temática LGTBI+ pecharase cunha proxección especial de curtametraxes nos Xardíns de Ravella o Martes 23 de xullo ás 22.00 horas e, como colofón realizaras a performance “Preparados, Apunten… Flores” protagonizada polo colectivo de actrices “Resaca Colectiva.