Comezamos o 2019 con dúas longametraxes en Xaneiro no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.
A primeira das proxeccións terá lugar este vindeiro mércores día 9 de xaneiro, sendo a longametraxe protagonista “Sanma No Aji” (O sabor do Sake), de Yasujiro Ozu.
“Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de 24 anos. Sentíndose vello e acabado, pensa no inxusto que é o feito de que unha moza viva única e exclusivamente para coidalo e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonar ao seu pai, finalmente acabará facéndoo. Entón Shubei buscará no licor do sake o refuxio da súa soidade, o consolo da súa angustia”
A segunda cita será o mércores 23, coa proxección de “What we do in the shadows” (O que facemos nas sombras). Trátase dun divertidísimo e terrorífico falso documental sobre a vida dun grupo de vampiros que comparten piso na capital neocelandesa.
Coma sempre a entrada para estas películas é de balde para os socios xa que está incluida na cuota e de 4 euros para o público xeral, como socios por un día.
Deja una respuesta