O mércores día 11 con motivo do Día Internacional da Muller, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade proxectaremos a longametraxe norteamericana “Onthe Basis of Sex” (Unha cuestión de Sexo) en versión orixinal subtitulada.
Trátase dunha película biográfica sobre a xuíza do Tribunal Supremo dos EEUU Ruth Bader Ginsburg, a segunda muller na historia que serviu neste alto órgano xudicial. Nomeada para o Tribunal en 1993 polo presidente Clinton, Ruth, xunto ao seu marido o avogado Martin Ginsburg, mudou o curso da historia cun singular caso sobre a discriminación de xénero que abriu o camiño para a igualdade nos Tribunais.
A entrada é de balde até completar o aforo.
O seguinte mércores 18 dentro da programación normal do Cineclube proxectaremos a cinta revelación francesa do 2019 “Portrait de la Jeune Fille en Feu” (Retrato da moza no lume).
Deja una respuesta