GRAN APERTURA-INAUGURACIÓN cos espectáculos:
21:00 – Rúa Valentín Viqueira enfrente da Rúa da Baldosa
CONCERTO DE ALÓ DJANGO
Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamadogypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.
22:30 – Rúa Romero Ortíz con Valentín Viqueira
O CINE AMBULANTE DO SEÑOR LILI
É un proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas en formato 8mm e Súper8. Nestas proxeccións ambulantes, entre bobinas, tocadiscos e antigos proxectores, o Señor Lili, taquillero, acomodador e proxeccionista, pedalea a través do túnel do tempo para que sexamos testemuñas dos cambios producidos nas nosas vidas.
Deja una respuesta