Página 8 de 26
Este ano moi variada, xa que vén cargada de diferentes formatos e películas.
Abrimos a semana con 3 días de Cinema para Nenos na Praza da II República, cunha pantalla e cadeiras o aire libre.
Metidos na semana e co verán e ca calor é o momento perfecto para ver Tiburón na praia, unha obra pola que non pasa o tempo, dos mellores blockbusters da historia e dos mellores títulos de Spielberg.
Xa no Salón García, o esperado cinema das películas centrais da Semana de Cine.
E remataremos con con unha sesión dobre de cinema con música en directo a cargo da Banda Fuzzo como fin de festa!
Como ben sabedes a promoción do cinema e as artes cinematográficas en Vilagarcía é a nosa razón de ser por iso facemos a Semana de Cine.
O evento cinematográfico do verán en Vilagarcia e en toda a comarca.
Un nome para o que sou (colaboración EOI)
How to Have Sex (especial 25N)
Espectáculo filme concerto DJ Maefield
Celebraremos este homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa da lingua o mércores 19 de maio. Nesta ocasión dedica-rase a Xela Arias, quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contempo-ránea. Xela supuxo unha renovación da poesía nos anos 80 e é por iso que, consideramos oportuno presentarvos a película Lúa Vermella de Lois Patiño, que do mesmo xeito que a obra desta autora, supón unha innovación ademais dunha representación do ‘Novo cinema galego’.
Lois Patiño amósanos a través desta historia fantasmagórica, unha creación esencial-mente visual e mesmo poética que non deixa indiferente a ninguén. Transpórtanos á Costa da Morte e a esas preciosas paisaxes galegas, empregando novas maneiras de ex-plicar vellas historias -mitos e lendas, o mar, a morte, as meigas- a través de reflexións de voces en off e na súa versión orixinal, que non podía ser outra que o galego.
As súas imaxes vólvense cada vez máis fascinantes segundo avanza o filme, polo que con-sideramos que todo o mundo debería ter a oportunidade de ver esta obra, se é posible nunha pantalla grande.
Que é Lúa Vermella? Sen dúbida, unha declaración de amor a Galicia.
RECORDA que é imprescindible a reserva de Entrada e acceso de balde ata completar aforo.
Co apoio da Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa