Página 21 de 27

Programación Febreiro

Este mes de febreiro proxectaremos dúas longametraxes no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía (Rey Daviña 14), ambas en VOSE.

A primeira proxección terá lugar o mércores día 8 ás 21:00 horas, sendo a protagonista a cinta islandesa de 2015 “Fúsi / Virgin Mountain” (Corazón xigante). Dirixida por Dagur Kári, “Corazón xigante” foi estreada na 65ª edición do Festival de Berlín, e obtivo, entre outros premios, o de mellor actor e mellor argumento no Festival de Cine de Tribeca.

“Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo moza e sendo o seu único interés as batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento que comparte coa súa nai. Un día recibe un cupón para asistir a unha escola de baile, onde coñece a Sjönf, unha muller solitaria, coma él, con profundas feridas psicolóxicas” 


Febreiro
 

O mércores 22, tamén en horario de 21:00 horas, proxectarase o filme de 1966 “Seconds” (Plan diabólico), dirixido por John Frankheimer e con Rock Hudson, Salome Jens e John Randolph nos papeis principais. Trátase dunha mistura de thriller psicolóxico, drama e acción sobre a obsesión coa eterna xuventude.

“Hamilton, un importante executivo canso do tipo de vida que leva, soña con convertirse en alguén distinto e comezar unha nova vida. A través dun amigo que cría falecido, Hamilton é abordado por unha sociedade secreta coñecida como a “Compañía”.”



En ambas proxeccións o acceso é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.

 

Asamblea Xeral Anual

Anunciamos que o mércores 15 terá lugar a Asemblea Xeral Anual Ordinaria do Cineclube, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, ás 20:00 en primeira convocatoria e 20:30 en segunda convocatoria.

¡Esperamosvos!

Programación Xaneiro

Neste mes de xaneiro proxectaremos dúas longametraxes, coma sempre en VOSE e con entrada libre para os socios e de 4 euros para o público xeral.

 A primeira delas será este mércores día 18 no Salón García ás 21 horas, sendo a cinta elixida “Carol” (R.Unido, 2015), dirixida por Todd Haynes e protagonizada por Cate Blanchett e Rooney Mara (ambas nominadas, entre outros premios, aos Oscar e BAFTA).

  “New York, anos 50. Unha xoven aspirante a fotógrafa que traballa como dependenta nunha tenda de Manhattan coñece un día a Carol Aird, unha sofisticada e elegante muller atrapada nun matrimonio infeliz.Nace entre elas unha conexión inmediata, cada vez máis intensa e profunda” 

xaneiro

 A seguinte proxección terá lugar o mércores 25 ás 21h, tamén no Salón García. Nesta ocasión a protagonista será “Le Locataire” (O quimérico inquilino), de Roman Polanski (1976).

“Polanski interpreta ao agradable Trelkovsky, o caseiro dun apartamento en París cun sombrío pasado…a anteior inquilina tirouse polo balcón. As súas pertenencias continúan alí, alimentando a obsesión de Trelkovsky pola muller”.

 

Fotos Obradoiro “Xogando coa Holografía”

GALERÍA

 

Obradoiro “XOGANDO COA HOLOGRAFÍA”

O Cineclube Ádega organiza o próximo 28 de decembro na Sala de conferencias do Auditorio un obradoiro de holografía para nenos a partir de 10 anos (idade máxima recomendada 14 anos), impartido por Xurxo Guitián. A duración é aproximadamente de 4 horas, entre as 10:00 e as 14:30, cun descanso.

obradoiro-xogando-coa-holografia

 A proposta consiste en xogar cos efectos holográficos dunha maneira sinxela e asequible para todos. Nun pequeno obradoiro amosaremos como é posible convertir o móbil nun proxector holográfico e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías. 

Os asistentes deberán levar texouras e regla, alén dunha tablet ou smartphone e un ordenador portátil. Grabarase un pequeño vídeo de cada un dos asistentes para poñer en práctica o aprendido e facer cada un a súa propia holografía, polo que é conveniente que non leven roupa negra nin verde. O prezo da inscripción é de 5 euros.

Para inscribirte so tes que cubrir este formulario:

RELLENAR FORMULARIO

programa-obradoiro-holografia

Impartido por

XURXO GUITIÁN

Desenvolveu case toda a súa carreira profesional no departamento de publicidade de La Voz de Galicia. Aló ten deseñado automatismos para a integración da publicidade no sistema editorial. Encargouse do deseño, edición e xestión de publicidade para soportes dixitais (internet, televisión) e en papel.

En 2013 funda a empresa CETA Systems dedicada á xestión de dispositivos de Digital Signage avanzados que permiten controlar en remoto redes de cartelería dixital baseadas en reproductores Android cun sistema de control multiplataforma en JAVA. Para darlle maior alcance á cartelería dixital orientada á publicidade desenvolve sistemas de proxección holográfica para instalacións efémeras.

Programación Decembro

Este mes con motivo da celebración do Día dos dereitos Humanos ó Venres 9 proxectaremos o filme documental “O viaxe de Carla” en colaboración con O soño de Lilith.

Logo da proxeción haberá unha charla/foro aberta a participación dos asistentes na que contaremos coa presenza da protagonista Carla Antonelli, activista en defensa dos dereitos LGTB.

A entrada é de balde.

Cartel Programacion DECEMBRO 16

A seguinte proxeción é a película escollida para pechar os actos de celebración dos 40 anos do Cine Clube Ádega, o filme “Network” de 1976, ano de creación do Cine Clube Ádega.

Prezos: Socios Anuais: de balde; Socios por 1 día/sesión: 4€

 

Página 21 de 27

© 2025 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies