PROTOCOLO E MEDIDAS DE HIXIENE
Non se permite o acceso á sala ás persoas que presenten a seguinte sintomatoloxía: febre, calafríos, tos, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.
Tampouco se permitirá o acceso a aquelas persoas que, sen presentaren os devanditos síntomas, estean á espera dun diagnóstico por ser consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2 ou por ter infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible con COVID-19, xa que deberían permanecer illadas ou en corentena.
De acordo co que se establece no apartado primeiro da Resolución do 25 de xuño de 2020 (DOG n.º 126 de 27 de xuño de 2020) do Acordo da XUNTA DE GALICIA de modificacións ao Acordo do 12 de xuño de 2020 sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19; é obrigatorio o uso de máscara hixiénica ou FFPP2/3 sen válvula exhalatoria durante o acceso, transcurso e saída da actividade de proxección.
Na cola de control de acceso á sala, disporase dunha distancia de seguridade de polo menos 1,5 metros de separación entre asistentes. Estes disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico en varios puntos na zona de entrada.
O uso dos aseos estará permitido soamente para unha persoa ao mesmo tempo, agás nos supostos de persoas que poidan precisar asistencia, que poderán levar un acompañante. Os aseos contan cun reforzo na limpeza e desinfección garantindo sempre o estado de salubridade e hixiene dos mesmos (para o que pregamos a colaboración das persoas usuarias).
A apertura de portas realizarase con antelación para permitir un acceso gradual á sala, fixándose franxas horarias para o acceso.
A saída do público ao termo do espectáculo debe realizarse de forma gradual, garantindo a distancia entre persoas.
Durante o proceso de atención e acomodación, gardarase entre o persoal do Cineclube e o público asistente a distancia de seguridade fixada polas autoridades sanitarias.
As cotas de acceso ou tickets de sostemento da actividade realizaranse con despacho manual, garantíndose a hixiene cunha solución hidroalcohólica para a desinfección de mans. Existirá un panel de protección para garantir a separación entre o persoal do Cineclube e os espectadores.
A fin de minimizar os riscos, indicaremos un acceso á plataforma online desde onde se poden descargar as follas de sala de calquera sesión en dispositivos electrónicos.
Disporanse de carteis informativos nos puntos de acceso sobre as normas de obrigado cumprimento de a distancia mínima, uso de máscara e hixiene de mans (así como información da sintomatoloxía que previr e teléfonos de contacto das autoridades sanitarias).
O uso de luvas e máscaras será obrigatorio en tarefas de limpeza e desinfección. A secuencia será: limpeza (máis limpas a menos, de arriba a abaixo) e desinfección. Cambio periódico de dilucións e material de limpeza. Intensificaranse as tarefas nos baños e balcón de acceso ou punto de venda da entrada.
O acceso á sala realizarase de forma escalada para asegurar unha distancia física de polo menos 1,5 metros no vestíbulo de entrada, reducindo o tempo de espera, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.
Durante os tránsitos de entrada e saída da sala, deberanse establecer normas para poder garantir o distanciamento físico dos asistentes: portas diferentes, disposición de tensores para independizar os percorridos, etc.
Aínda que a norma regula que para garantir a distancia de seguridade entre espectadores a capacidade máxima é do 50% da sala (60 butacas), para salvagardar unha distancia de seguridade, facilitar a renovación de aire, limpeza e desinfección da sala.
O control “in situ” na sala por persoal do Cineclube da correcta disposición dos asistentes, segundo os criterios de distanciamento físico anteriormente referidos.