Categoría: Novas (Página 7 de 15)

Programación Novembro

Este mes de novembro temos programadas tres proxeccións no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía.

A primeira das proxeccións terá lugar este mesmo mércores día 8, sendo a cinta elixida ” Little Men” (Verán en Brooklyn), película norteamericana de 2016 dirixida por Ira Sachs (Love is Strange)

 

noviembre

 
 

A seguinte proxección será a do documental “Le Tombeau DÁlexandre” (O último bolchevique) (Chris Maker, 1992), en conmemoración co centenario da Revolución Rusa. Terá lugar o mércores día 15.

Finalmente, pola celebración do día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o sábado día 25 proxectaremos “A Girl, Walks Home Alone At Night” ( Unha moza volve a casa soa de noite), de Ana Lily Amipour (EEUU 2016), una película de vampiros ambientada en Irán, rodada en branco e negro e cunha estética propia do cine indie estadounidense.

A entrada será donación a favor da asociación “O Soño de Lilith”.

 

Programación Outubro

Neste mes de outubro temos programada a proxección de dúas longametraxes, “Once” (Unha vez) e “The Straight story” (Unha historia verdadeira), ambas en versión orixinal subtitulada. A diferencia do que vén sendo habitual, as proxeccións terán lugar en dúas semanas consecutivas (mércores 11 e 18), xa que a partir do día 23 comeza o festival organizado por Curtas.

Este mércores día 11 de outubro, no Salón García da Casa da Cultura e en horario de 21 horas, proxectaremos a cinta irlandesa “Once” (unha vez), dirixida por John Carney en 2007 e protagonizada por Glen Hansard e Markléta Irglová. A película obtivo o premio Oscar á mellor canción orixinal.

“Glen Hansard é un cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. Durante o día gaña un diñeiro extra interpretando cancións coñecidas para os transeúntes, mentras pola noite toca os seus propios temas, nos que conta a súa ruptura amorosa. O seu talento non pasa desapercibido para Markéta Irglová, unha inmigrante checa que vende flores na rúa. Ela tampouco tivo sorte no amor, e escribe cancións para sentirse mellor, mais ela non as interpreta en público como Glen. Markéta e Glen terminan facendo un dueto improvisado e descubren que hai algo que os une…”

outubro1

O próximo mércores, día 18, proxectarase o film de David Lynch de 1999 “The Straight Story” (Unha historia verdadeira), basada na historia real de Alvin Straight, un home de 73 anos que viaxou de Iowa a Wisconsin montado na súa segadora John Deere.

“Alvin Straight (Richard Farnsworth) é un achacoso ancián que vive en Iowa coa súa filla discapacitada (Sissy Spacek). Alén dun efisema e pérdida de visión, ten graves problemas na cadeira que case lle impiden pórse de pé. Cando recibe a nova de que o seu irmán, co que leva 10 anos enemistado, sufriu un infarto, decide ir a visitalo a Wisconsin. Para iso terá que percorrer unha distancia duns 500 kilómetros a bordo do único medio de transporte do que dispón, un pequeno tractor”

A entrada é de balde para os socios do Cineclube e de 4 euros para o resto.

Programación Setembro

Despois da existosa edición da Semana de Cine 2017 e dun pequeno descanso estival, neste mes de setembro volve a programación regular do Cineclube Ádega. A selección deste mes está composta por “Tarde para la ira”, o celebrado debut de Raúl Arévalo como director, e “Tengoku to Jigoku” (O inferno do odio), unha obra mestra de Akira Kurosawa.

A primeira proxección terá lugar este mesmo mércores día 13, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía no horario habitual de 21:00 h, sendo a cinta protagonista “Tarde para la ira”. Gañadora de 4 premios na última edición dos Goya (Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Actor de Reparto), a estrea de Raúl Arévalo na dirección é un thriller de vinganza, hiperrealista e áspero, se ben o realizador califícaa como “un drama con toques de thriller”

“Madrid, agosto de 2007. Curro entra na cadea tras ter participado no atraco a unha xoiería. Él era o conductor, e o único detido polo roubo. Oito anos despois sae do cárcere con gana de comezar unha nova vida coa súa moza e o seu fillo, mais atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José.

 
setembro2017
 
 A seguinte cita será o mércores 27, no mesmo lugar e hora, coa proxección de Tengoku to Jigoku (O inferno do odio), un clásico do cinema xaponés dirixido por Akira Kurosawa en 1963. Trátase dun fascinante thriller de detectives dirixido coa precisión e mestría habitual do xenio nipón, no que as pesquisas policiais acompáñanse de apuntes morais sobre a ética, o traballo ou as clases sociais.
 
 
“Nun momento crucial da súa vida financeira, un directivo dunha importante empresa de calzado recibe a nova de que o seu fillo foi secuestrado. O rescate exixido é unha importante cantidade de diñeiro que o protagonista necesita para pechar unha negociación que lle daría o control da empresa” 
 
 A entrada para as proxeccións é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral. 

Presentación Semana de Cine 2017

Semana de cine 2017_Horizontal_Baja

GRAN APERTURA-INAUGURACIÓN cos espectáculos:

21:00 – Rúa Valentín Viqueira enfrente da Rúa da Baldosa

CONCERTO DE ALÓ DJANGO

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamadogypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

08.ALO DJANGO.FOTOS MARIO LLORCA.TEATRO PRINCIPAL SANTIAGO DC.2010

22:30 – Rúa Romero Ortíz con Valentín Viqueira

O CINE AMBULANTE DO SEÑOR LILI

É un proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas en formato 8mm e Súper8. Nestas proxeccións ambulantes, entre bobinas, tocadiscos e antigos proxectores, o Señor Lili, taquillero, acomodador e proxeccionista, pedalea a través do túnel do tempo para que sexamos testemuñas dos cambios producidos nas nosas vidas.

Lilicleta Cine-3

Obradoiro de Cinema

«A composición da imaxe no cinema. Como compoñer o plano cinematográfico?», que será impartido por David Hernández.

Neste obradoiro plantéxase a necesidade de coñecer os mecanismos para realizar unha eficaz composición da imaxe cinematográfica. O aluno coñecerá, a través de innumerables exemplos extraídos de pezas cinematográficas, como organizar, executar e avaliar o plano para conquistar os seus obxectivos narrativos e estéticos.

Cartel Obradoiro Composición de plano

David Hernández, realizador e director de fotografía de prolongada experiencia, ten transitado por diferentes medios e cargos, dende a fotografía á televisión, dende a publicidade ao cinema, que compaxina coa súa vocación docente. Guionista e director de varias curtas de ficción e documentais, actualmente está en fase de producción da súa primeira longa de ficción.

David Hernándezwww.davidhernandez.eu

Precio: Socios de balde e non socios 5€

Para inscribirte manda un email a info@cineclubeadega.com

Semana de Cine 2017

Semana de cine 2017_Baja

Este ano a Semana de Cine ven cargada de longametraxes, curtametraxes, obradoiros, encontros con cineastas, concertos e cine en Super 8.

Estade moi atentos!!

Página 7 de 15

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies