Categoría: Novas (Página 4 de 15)

Programación Xuño

Neste mes de xuño proxectaremos dúas longametraxes. Nesta ocasión os títulos elixidos son “Demain” (Mañá) e “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia).

A primeira das dúas citas terá lugar este mércores día 5 ás 21 horas no Salón García. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, veremos o filme francés “Demain” (Mañá), premiado como o Mellor Documental nos Premios Cesar 2015 do cinema francés.
“Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade en 2100, Cyril Dion e Melánie Laurent e un equipo de catro persoas visitan dez países para investigar as causas da catástrofe, e sobre todo, a forma de evitala. Durante a súa viaxe atopan pioneiros que reinventan a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Rematado o seu traballo vislumbran a posibilidade de que xurda un mundo novo: o mundo do mañá”

O día 19 proxectaremos o filme xaponés de 2018   “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia), no mesmo lugar e hora.

“Osamu e o seu fillo a topan unha nena en medio do frío glacial. Ao principio, a muller de Osamu é reacia a albergar a nena, pero ao ver as dificultades que afronta, acepta coidar dela. Aínda que a familia é pobre e apenas sobrevive a base de cometer pequenos delitos, parecen vivir felices xuntos, até que un accidente imprevisto revela secretos ocultos que porán a proba os lazos que os unen”

Programación Maio

Neste mes de maio, temos dúas longametraxes, ambas no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.

A primeira proxección terá lugar este mércores día 8, sendo a cinta protagonista “Dogman”, dirixida por Matteo Garrone en 2018. Triunfadora dos premios David de Donatello, tamén foi galardonada en Cannes e nos Premios do Cine Europeo.

“O propietario dunha perruquería canina na contorna de Roma deixase influenciar por un delincuente local até que a súa vida complícase e decide tomar as riendas da situación”

O mércores 29 proxectaremos “The Train“, longametraxe de John Frankenheimer, de 1964.

“O Coronel Franz Von Waldheim atópase destacado en París nunha misión moi concreta: facerse coas modernas pinturas francesas, as mesmas calificadas de “dexeneradas” polos nazis, e cargalas nun tren con destino a Alemaña para o Terceiro Reich. Debe ter moito coidado en non dañar a carga e un tempo limitado, xa que os aliados están perto de reconquistar a cidade”

Programación Abril

Este mes adaptamos as datas das proxecións devido as eleccións e comezamos o mércores 3 con “Confessions“.

Gañadora dos galardóns á mellor película, director e guión nos Premios da Academia de Xapón, e seleccionada para competir na última edición dos Óscar na categoría de Mellor Película Estranxeira, “Confessions” non só foi aclamada pola crítica como unha das mellores películas do ano, senón que tamén se converteu nun dos títulos máis sobresalientes na taquilla nipona.

O mércores 10: “Cold War” que é outra obra mestra. Pawlikowski retorna ao pasado, a un tempo asfixiante e represor na Polonia da posguerra, para narrar un amor tan volcánico como desgarrador, ao que as circunstancias impoñen o nin contigo nin sen ti, e que se desenvolve entre 1949 e 1964.

“Una película modélica en todos los sentidos, un verdadero regalo, milagroso trabajo de iluminación en blanco y negro y de una textura bellísima”. Nando Salvá

Programación Febreiro

Poucos títulos do cinema español han xerado un culto tan extenso como ‘Amence, que no es poco‘ (1989). A película de José Luis Cuerda entrou no imaxinario de toda unha xeración de espectadores que conectaron co seu costumismo absurdo no que o popular, o rural e o culto abrázanse e mesturan con promiscuidade e convencemento, e aínda hoxe recitan de memoria os seus diálogos máis memorables ou percorren as localizacións albaceteñas onde se rodou.

Este mes queremos facer unha homenaxe ao cineasta manchego con motivo da estrea de “Tiempo despues” no que deixa constancia do recoñecemento que esta xeración crecida nos noventa levou a cabo do seu particular sentido do humor.

O mércores 20, “El insulto“, unha excelente película, cun tema de fondo que se pode situar en calquera sociedade e en calquera territorio do mundo.

Delicada e minimalista desde un desafortunado insulto, trata temas como relixión, política, convivencia, abdicativa a todas as miserias que arrastramos pola intolerancia nun contexto da crise entre o Líbano e Israel.

Nomeada ao Óscar a Mellor Película Estranxeira e Premio ao Mellor Actor en Venecia, e unhas interpretacións impecables.



Programación Xaneiro

Comezamos o 2019 con dúas longametraxes en Xaneiro no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.
A primeira das proxeccións terá lugar este vindeiro mércores día 9 de xaneiro, sendo a longametraxe protagonista “Sanma No Aji” (O sabor do Sake), de Yasujiro Ozu.

“Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de 24 anos. Sentíndose vello e acabado, pensa no inxusto que é o feito de que unha moza viva única e exclusivamente para coidalo e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonar ao seu pai, finalmente acabará facéndoo. Entón Shubei buscará no licor do sake o refuxio da súa soidade, o consolo da súa angustia”  

A segunda cita será o mércores 23, coa proxección de “What we do in the shadows” (O que facemos nas sombras). Trátase dun divertidísimo e terrorífico falso documental sobre a vida dun grupo de vampiros que comparten piso na capital neocelandesa. 

Coma sempre a entrada para estas películas é de balde para os socios xa que está incluida na cuota e de 4 euros para o público xeral, como socios por un día.

Programación Decembro

Neste mes de Decembro hai programadas dúas proxeccións, os mércores 12 e Xoves 27, en , no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

Página 4 de 15

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies