Categoría: 2019 (Página 3 de 3)

Programación Febreiro

Poucos títulos do cinema español han xerado un culto tan extenso como ‘Amence, que no es poco‘ (1989). A película de José Luis Cuerda entrou no imaxinario de toda unha xeración de espectadores que conectaron co seu costumismo absurdo no que o popular, o rural e o culto abrázanse e mesturan con promiscuidade e convencemento, e aínda hoxe recitan de memoria os seus diálogos máis memorables ou percorren as localizacións albaceteñas onde se rodou.

Este mes queremos facer unha homenaxe ao cineasta manchego con motivo da estrea de “Tiempo despues” no que deixa constancia do recoñecemento que esta xeración crecida nos noventa levou a cabo do seu particular sentido do humor.

O mércores 20, “El insulto“, unha excelente película, cun tema de fondo que se pode situar en calquera sociedade e en calquera territorio do mundo.

Delicada e minimalista desde un desafortunado insulto, trata temas como relixión, política, convivencia, abdicativa a todas as miserias que arrastramos pola intolerancia nun contexto da crise entre o Líbano e Israel.

Nomeada ao Óscar a Mellor Película Estranxeira e Premio ao Mellor Actor en Venecia, e unhas interpretacións impecables.



Programación Xaneiro

Comezamos o 2019 con dúas longametraxes en Xaneiro no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.
A primeira das proxeccións terá lugar este vindeiro mércores día 9 de xaneiro, sendo a longametraxe protagonista “Sanma No Aji” (O sabor do Sake), de Yasujiro Ozu.

“Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de 24 anos. Sentíndose vello e acabado, pensa no inxusto que é o feito de que unha moza viva única e exclusivamente para coidalo e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonar ao seu pai, finalmente acabará facéndoo. Entón Shubei buscará no licor do sake o refuxio da súa soidade, o consolo da súa angustia”  

A segunda cita será o mércores 23, coa proxección de “What we do in the shadows” (O que facemos nas sombras). Trátase dun divertidísimo e terrorífico falso documental sobre a vida dun grupo de vampiros que comparten piso na capital neocelandesa. 

Coma sempre a entrada para estas películas é de balde para os socios xa que está incluida na cuota e de 4 euros para o público xeral, como socios por un día.

Página 3 de 3

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies