Autor: prixma (Página 6 de 17)
Polo Día internacional da eliminació da violencia contra a Muller proxectamos este documental que defende o cumprimento dos dereitos humanos e a súa mensaxe sacódeche sen remedio.
Non se trata dunha película aleccionadora, trátase dun pedazo de realidade que convida á reflexión
Debido ás medidas restrictivas tomadas pola Xunta de Galicia por mor da situación sanitaria, o “Ciclo das Linguas” que organizan Ádega e a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía queda suspendido até novo aviso. Coa situación actual o aforo máximo permitido sería de tan só 30 persoas, polo que agardaremos a outra data na que a situación permita que o ciclo poida ser disfrutado por un maior número dos nosos socios e de alunos da EOI.
Do mesmo xeito, o resto de actividades do Cineclube quedarán en suspenso até que poidan ser levadas a cabo noutras condicións.
Pregamos que comprendades a situación e pedimos disculpas polas molestias ocasionadas.
Este Ciclo de Cine nace da colaboración entre o Cineclube Ádega e a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa para promover o estudo da cultura e as línguas extranxeiras.
Con motivo do día Europeo das Línguas que se celebra o 26 de setembro, decidimos dedicar unha semana, coincidindo co inicio do curso nas aulas, as línguas que se imparten na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, alemán, inglés, francés, portugués e italiano proxectando un filme cada día nunha língua, na versión orixinal subtitulada ao español.
Os filmes comezarán as 20.15 horas, exceptuando o xoves que se adianta ás 20.00 horas pola duración do filme. O acceso se abrirá todos os días 15 minutos antes do inicio. Antes da proxección realizarase unha pequena presentación da película a ver ese día e, ao remate, haberá unha breve charla par comentar algúns aspectos da mesma.
Se pode consultar o programa con información mais completa dos filmes aquí.
O evento se celebrará na Sala principal do Auditorio. Por motivos de seguridade as actividades do Cine Clube que normalmente se realizan no Salón García se trasladan a este espazo mais amplio, xa que tendo o mesmo aforo de 60 butacas e sendo moito mais grande é un espacio mais seguro.
Creouse un protocolo de seguridade para os asistentes que poden consultalo aquí.
Este mes de setembro debido ás condicións do Covid 19 faremos unha proxeción.
Sempre colaboramos con outras asociacións e demáis colectivos da nosa contorna na procura de sinerxias e neste caso a colaboración é co Festivala, que este ano visibiliza o eco-feminismo. Con esta temática traemos este filme que temos moitas ganas de ver, “A muller da Montaña”
Considerada a gran comedia revelación do ano en Europa, “A muller da montaña” é un conto heroico contado como unha aventura. Halldóra Geirharð sdóttir interpreta a unha muller que se esforza por ser unha persoa real, unha especie de Artemisa que asume o papel de salvar á Nai Terra e as súas xeracións futuras.
Sinopse: “Aos seus cincuenta anos, Acha, profesora de canto, declara a guerra á industria local do aluminio, que está a contaminar o seu país. Para iso, toma todo tipo de riscos co fin de protexer o medio ambiente en Islandia. Pero a súa situación podería cambiar coa chegada inesperada unha carta que dá luz verde por fin aos seus trámites de adopción dunha nena.”
Logo do filme temos unha charla coa antropóloga, enxeñeira, profesora e activista, Yayo Ferreiro que configurouse como unha das principais defensoras en España do ecofeminismo, unha teoría e unha práctica que permite vincular opresións e entender o mundo combinando as ferramentas da ecoloxía social e o feminismo.
A entrada é de balde ata completar aforo.
Se roga vir con tempo para cumplir con todas as medidas de seguridade Covid19.