Autor: prixma (Página 16 de 17)
Este xoves no Churruca Gastrotaberna celebramos a segunda edición de “PINCHO E CORTO”, unha coidada selección de curtametraxes maridada con fabulosos pinchos. As curtas proxectaranse en varios bloques, con descansos de 5-10 minutos entre cada bloque.
A entrada é de balde, só debes pagar o que bebas!
Unha noite de cine e baile! este sábado día 16 de abril, está dentro da programación de actividades de celebración dos 40 anos do Cine Clube Ádega ao longo de este ano 2016.
Horarios:
20.30h Proxección “Lindy hop goes to Hollywood”
21.00h Clase aberta de Lindy hop
22.00h Festa swing!
No Bianco Lounge Bar (Rúa Juán García 18, Vilagarcía de Arousa)
Clases a cargo da escola de baile Swing On!
¡¡Entrada de balde!!