Este mes tamén falaremos de series de televisión, da man de J. A. Cascudo, docente da Universidade de Santiago e experto en audiovisual. "A vida en series" é un curso de dous días (22 e 30 de decembro, no Auditorio Municipal) no que se fará un percorrido pola historia da ficción televisiva, incluíndo as novas tendencias e series de culto. Despois da primeira xornada, os asistentes poderán, vía redes sociais, entablar un diálogo co ponente no que suxerirlle series e temas relacionados dos que debatir na segunda sesión. A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral. Por cuestión de limitación de aforo, será preciso facer unha inscrición previa no seguinte formulario:
Autor: prixma (Página 11 de 17)
Aquí está o programa de decembro!!!
O mércores día 13 proxectaremos «Verano 1993» a seleccionada para representar a España nos Oscar, e os días 22 e 30 falaremos de series de TV con J.A.Cascudo.
“Estiu 1993” (Carla Simón, 2017) é unha das óperas primas máis celebradas dos últimos tempos. Esta cinta con tintes autobiográficos foi recoñecida en prestixiosos festivais internacionais como o Festival de Berlín, Festival de Málaga, Premios Feroz ou os Premios do Cine Europeo, alén de ser precandidata ao premios Oscar en representación da Academia española. A proxección terá lugar este mércores día 13 no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, por volta das 21 horas. A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.
En conmemoración do centenario da Revolución Rusa, e en colaboración co PCG, este mércores día 15 proxectaremos o documental “Le Tombeau d´Alexandr” (O último bolxevique), dirixido por Chris Marker. A proxección terá lugar no Salón García ás 20:30 horas.
Estarán con nós Julio Vilariño, técnico en realización e licenciado en Historia da Arte, investigador na USC, membro do Cineclube de Compostela e crítico en publicacións como Ariel, Novas da Galiza, Protexta ou A Cuarta Parede; e Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia e Doutora en Historia da Arte pola USC.
Este mes de novembro temos programadas tres proxeccións no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía.
A primeira das proxeccións terá lugar este mesmo mércores día 8, sendo a cinta elixida ” Little Men” (Verán en Brooklyn), película norteamericana de 2016 dirixida por Ira Sachs (Love is Strange)
A seguinte proxección será a do documental “Le Tombeau DÁlexandre” (O último bolchevique) (Chris Maker, 1992), en conmemoración co centenario da Revolución Rusa. Terá lugar o mércores día 15.
Finalmente, pola celebración do día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o sábado día 25 proxectaremos “A Girl, Walks Home Alone At Night” ( Unha moza volve a casa soa de noite), de Ana Lily Amipour (EEUU 2016), una película de vampiros ambientada en Irán, rodada en branco e negro e cunha estética propia do cine indie estadounidense.
A entrada será donación a favor da asociación “O Soño de Lilith”.
Neste mes de outubro temos programada a proxección de dúas longametraxes, “Once” (Unha vez) e “The Straight story” (Unha historia verdadeira), ambas en versión orixinal subtitulada. A diferencia do que vén sendo habitual, as proxeccións terán lugar en dúas semanas consecutivas (mércores 11 e 18), xa que a partir do día 23 comeza o festival organizado por Curtas.
Este mércores día 11 de outubro, no Salón García da Casa da Cultura e en horario de 21 horas, proxectaremos a cinta irlandesa “Once” (unha vez), dirixida por John Carney en 2007 e protagonizada por Glen Hansard e Markléta Irglová. A película obtivo o premio Oscar á mellor canción orixinal.
“Glen Hansard é un cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. Durante o día gaña un diñeiro extra interpretando cancións coñecidas para os transeúntes, mentras pola noite toca os seus propios temas, nos que conta a súa ruptura amorosa. O seu talento non pasa desapercibido para Markéta Irglová, unha inmigrante checa que vende flores na rúa. Ela tampouco tivo sorte no amor, e escribe cancións para sentirse mellor, mais ela non as interpreta en público como Glen. Markéta e Glen terminan facendo un dueto improvisado e descubren que hai algo que os une…”
O próximo mércores, día 18, proxectarase o film de David Lynch de 1999 “The Straight Story” (Unha historia verdadeira), basada na historia real de Alvin Straight, un home de 73 anos que viaxou de Iowa a Wisconsin montado na súa segadora John Deere.
“Alvin Straight (Richard Farnsworth) é un achacoso ancián que vive en Iowa coa súa filla discapacitada (Sissy Spacek). Alén dun efisema e pérdida de visión, ten graves problemas na cadeira que case lle impiden pórse de pé. Cando recibe a nova de que o seu irmán, co que leva 10 anos enemistado, sufriu un infarto, decide ir a visitalo a Wisconsin. Para iso terá que percorrer unha distancia duns 500 kilómetros a bordo do único medio de transporte do que dispón, un pequeno tractor”
A entrada é de balde para os socios do Cineclube e de 4 euros para o resto.
Despois da existosa edición da Semana de Cine 2017 e dun pequeno descanso estival, neste mes de setembro volve a programación regular do Cineclube Ádega. A selección deste mes está composta por “Tarde para la ira”, o celebrado debut de Raúl Arévalo como director, e “Tengoku to Jigoku” (O inferno do odio), unha obra mestra de Akira Kurosawa.
A primeira proxección terá lugar este mesmo mércores día 13, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía no horario habitual de 21:00 h, sendo a cinta protagonista “Tarde para la ira”. Gañadora de 4 premios na última edición dos Goya (Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Actor de Reparto), a estrea de Raúl Arévalo na dirección é un thriller de vinganza, hiperrealista e áspero, se ben o realizador califícaa como “un drama con toques de thriller”
“Madrid, agosto de 2007. Curro entra na cadea tras ter participado no atraco a unha xoiería. Él era o conductor, e o único detido polo roubo. Oito anos despois sae do cárcere con gana de comezar unha nova vida coa súa moza e o seu fillo, mais atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José.