Despedimos este ano cineclubeiro cun evento moi especial, proxeción coa música en directo a cargo de Maefield.
O filme elexido é “La carretera fantasma” (“Körkarlen”), escrita, protagonizada e dirixida polo xenial Viktor Sjöström, e baseada na novela da súa compatriota e tamén xenial escritora Selma Lagerlöf, primeira muller en acadar o Premio Nobel de Literatura en 1909.
A historia acontece nunha Noitevella onde tres borrachos evocan unha lenda segundo a cal se un gran pecador é a derradeira persoa do ano en morrer, entón terá que conducir durante un ano enteiro A Carreta Pantasma, que recolle as ánimas dos mortos. David Holm, un dos tres bébedos, morre cando soa a última badalada da medianoite…
Deja una respuesta