Mimosas (colección Filmoteca de Galicia)
- Sinopse:
- Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir o patriarca moribundo ao lugar onde naceu, no que espera encontrar, á fin, o repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño.
Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.
Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueables montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.
- Ficha técnica:
- Título orixinal: Mimosas
Ano: 2016
Duración: 96 min.
País: España, Marruecos, Francia
Dirección: Oliver Laxe
Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol - Fotografía: Mauro Herce
Reparto: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad - Producción: Zeitun Films, Rouge International
- Xénero: Drama. Aventura.
Los comentarios están cerrados.