Aproveitando o gran momento que vive o cinema español e a cercanía dos Premios Goya, optamos por comezar este 2025 adicándolle un ciclo con tres dos máis destacados filmes de 2024, que xuntos gozan de 14 candidaturas aos Goya, ademais de outros premios e candidaturas tanto nacionais coma internacionais.
O primeiro que proxectaremos será o filme recén estreado “Los destellos”, escrito e dirixido por Pilar Palomero, candidato a 4 Goyas e gañador no último Festival de San Sebastián á mellor interpretación protagonista. Trátase dun intenso e conmovedor drama cheo de humanidade, onde a empatía triunfa sobre o resentimento. A proxección será este venres 10 ás 20:30 no Salón García. O pase será de balde para os nosos soci@s e cun prezo reducido de 2,5€ para o resto do público, por ser unha nova colaboración coa Filmoteca de Galicia.
Cos seguintes filmes do ciclo non abandonaremos del todo o drama, pero serán principalmente dúas comedias do mellor deste ano:
O venres 24 de xaneiro proxectaremos “Volveréis”, escrita e dirixida por Jonás Trueba e coprotagonizada polo seu pai, Fernando.
E remataremos o tamén venres 7 de febreiro cun dos maiores éxitos do ano: Casa en llamas (Casa en flames), dirixida por Dani de la Orden, que proxectaremos en versión orixinal en catalán con subtítulos en español.
Podes reservar a túa entrada e ver a ficha de cada filme:
Volveréis
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra