A promoción do cinema e do audiovisual na comarca é a razón de ser do Cine Clube Ádega. Este ano, por vez primeira, a Semana de Cine focalízase nun grupo específico da sociedade a miúdo infrarrepresentado na programación cultural: a mocidade.
No Cine Clube Ádega recoñecemos o valor creativo da xuventude, a súa capacidade de innovar e contar historias. Lonxe de rexeitar as novas tecnoloxías como unha lacra para o audiovisual, celebramos a súa capacidade de por á mocidade no centro do proceso creativo e, por tanto, de democratizar a cultura. Por iso organizamos este concurso no que convidamos á mocidade a compartir os seus vídeos propios nas redes sociais.
Se queres participar, segue lendo:
Que temática deben ter os vídeos?
Animamos a cada participante a elixir a súa escena favorita do cine (dende película, serie, webserie, real ou de animación…) e facer un vídeo referente á mesma, xa sexa reproducir a escena, homenaxeala, explicar a súa relevancia… Non hai un formato específico nin limitacións á creatividade.
Como participar no concurso?
Cada participante debe subir o seu vídeo en formato reel á súa conta instagram ou tiktok e mencionar na descripción ao Cine Clube Ádega @cineclubeadega así como o hashtag #EuFagoCine
Non hai límites ao número de vídeos que cada participante pode subir.
Iso si, os vídeos deben ter unha duración máxima de 30 segundos.
A lingua de preferencia será o galego, pero admitiranse vídeos en calquera outra lingua.
!!! Non se terán en conta vídeos enviados por mensaxe privada nin por stories.
Quen se pode presentar?
Todas as persoas interesadas, residentes en calquera das 4 provincias galegas, que teñan como máximo 30 anos (inclusive)*, e que poidan recoller o premio en persoa o 4 de agosto (o, no seu defecto, algún representante debidamente acreditado).
*En caso de resultar premiada, será necesario a presentación do DNI para confirmar que se cumpren os requisitos.
Cales son os prazos de presentación?
Admitiranse todos os vídeos presentados dende hoxe ata o 3 de agosto.
Comunicación de persoas premiadas: xoves 3 de agosto (por privado)
Entrega de premios: venres 4 de agosto, para pechar a Semana de Cine 2023.
Cales son os premios?
Premiaranse os 3 mellores vídeos, grazas á colaboración con Zona Aberta:
Un primeiro premio dun anel de luz selfie de 12″ con dous trípodes e mando bluetooth.
Un segundo premio dun abono por valor de 50€ para gastar en comercios de Zona Aberta.
Un terceiro premio dun abono por valor de 30€ para gastar en comercios de Zona Aberta.
Os 3 mellores vídeos recibirán tamén un abono anual gratuíto do Cine Clube Ádega.
Ademais, unha selección dos mellores vídeos será reproducida ao longo da Semana de Cine 2023.
Para calquera dúbida, escríbenos a comunicación@cineclubeadega.com
Moita sorte ás participantes e que o cine vos acompañe!!