Seguro que estás dacordo en que xuño é un mes moi especial: son os días máis longos e luminosos, o verán comeza a intuirse, péchanse ciclos e comezan outros con proxectos de vacacións, festas varias, días de praia… todo é especial en xuño. E no Cine Clube non podía ser menos. Por iso, este xuño de 2023 vén cargadiño de ESPECIAIS DE CINE:
Comezamos esta semana mesma co ESPECIAL DE MEDIO AMBIENTE cunha cinta para concierciarnos sobre a contaminación da industria e o impacto que ten no medio e na nosa saúde, porque nós tamén formamos parte do medio, aínda que ás veces o esquezamos. Pero aquí vén Mark Ruffalo para recordárnolo fronte aos tribunais, nun thriller xudicial contemporáneo à la Erin Brockovich, tamén baseado en feitos que aconteceron (e o continúan a facer). Unha peli de Todd Haynes que gañou recoñecemento internacional coa súa nominación aos premios César a mellor película de 2020. Moi recomendable se queres aprender as claves para loitar contra a macroindustria:
DARK WATERS (2019). Proxección: mércores 7 de xuño, 21h00
A programación continúa cunha nota de comedia para subir os ánimos. Festexamos o ESPECIAL DÍA DA MÚSICA na gran pantalla co mellor grupo glam rock da historia: Spinal Tap!! Que quen son? No seu documental, convertido en filme de culto, seguimos á banda nunha xira onde aprenderás todo o que precisas saber deles, da súa música, e do ascenso á fama. Claro que a cinta podería estar a falar de calquera grupo rock/heavy metal dos 80. É isto precisamente o que pretenden o seu director, Rob Reiner, e os seus colegas de guion e reparto, quen conforman esta banda a partir dos topicazos do momento e documentar así, en clave de humor, a época máis dura da música. Bailarás da risa, prometido.
THIS IS SPINAL TAP (1984). Proxección: mércores 21 de xuño, 21h00
E, como cada ano, pechamos este mes de cine sumándonos ás reivindicacións para a defensa e celebración da diversidade cun ESPECIAL ORGULLO LGTBIQA+, que este ano é especialmente especial grazas á Área de Igualdade (CIM) do Concello de Vilagarcía, que promociona unha semana de cine LGTBIQA+! En total serán tres películas diferentes que visibilizan identidades disidentes da heteronorma en épocas tamén diversas:
LOVE IS STRANGE (2014). Proxección: mércores 28 de xuño, 21h00*
PARIS IS BURNING (1990). Proxección: xoves 29 de xuño, 21h00*
20000 ESPECIES DE ABEJAS (2023). Proxección: venres 30 de xuño, 19h30 e 22h00**
*Todas as películas do ciclo LGTBIQA+ serán de balde para todo o público.
**20000 especies de abejas terá dous pases: o primeiro ás 19h30 e o segundo ás 22h.
Un nome para o que sou (colaboración EOI)
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
How to Have Sex (especial 25N)
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
El chico y la garza
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Espectáculo filme concerto DJ Maefield
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra