Comezamos ca longametraxe galega “La felicidad de los perros”, ópera prima do até a data director de fotografía e realizador de curtametraxes David Hernánez, quen xa colaborara co nos impartindo sendos cursos de iluminación e composición do plano cinematógrafico en dúas edicións da Semana de Cine.
Trátase dunha cinta totalmente independiente e autofinanciada, que non contou con ningún apoio institucional/televisivo ou subvención, e que foi rodada ao longo de 3 anos (durante as fins de semana) de forma cronolóxica e cun proceso de montaxe simultáneo. Está protagonizada por Fran Paredes, secundado por Isabel Naveira, Deborah Vukusic e Santi Prego.
Contaremos coa presenza do director, David Hernánez, e o protagonista principal, Fran Paredes para falarnos deste filme.
“César é un home de 40 anos.Está casado con Sara e teñen unha filla de 2 anos. Hai tempo que é Sara quen mantén a familia co seu soldo de peluquera, e trata de axudar a César para sacalo da súa vida rutinaria. Pero algo sucede no interior de César que fai mudar o rumbo da súa vida”