Mes: mayo 2019

Programación Xuño

Neste mes de xuño proxectaremos dúas longametraxes. Nesta ocasión os títulos elixidos son “Demain” (Mañá) e “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia).

A primeira das dúas citas terá lugar este mércores día 5 ás 21 horas no Salón García. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, veremos o filme francés “Demain” (Mañá), premiado como o Mellor Documental nos Premios Cesar 2015 do cinema francés.
“Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade en 2100, Cyril Dion e Melánie Laurent e un equipo de catro persoas visitan dez países para investigar as causas da catástrofe, e sobre todo, a forma de evitala. Durante a súa viaxe atopan pioneiros que reinventan a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Rematado o seu traballo vislumbran a posibilidade de que xurda un mundo novo: o mundo do mañá”

O día 19 proxectaremos o filme xaponés de 2018   “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia), no mesmo lugar e hora.

“Osamu e o seu fillo a topan unha nena en medio do frío glacial. Ao principio, a muller de Osamu é reacia a albergar a nena, pero ao ver as dificultades que afronta, acepta coidar dela. Aínda que a familia é pobre e apenas sobrevive a base de cometer pequenos delitos, parecen vivir felices xuntos, até que un accidente imprevisto revela secretos ocultos que porán a proba os lazos que os unen”

Programación Maio

Neste mes de maio, temos dúas longametraxes, ambas no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.

A primeira proxección terá lugar este mércores día 8, sendo a cinta protagonista “Dogman”, dirixida por Matteo Garrone en 2018. Triunfadora dos premios David de Donatello, tamén foi galardonada en Cannes e nos Premios do Cine Europeo.

“O propietario dunha perruquería canina na contorna de Roma deixase influenciar por un delincuente local até que a súa vida complícase e decide tomar as riendas da situación”

O mércores 29 proxectaremos “The Train“, longametraxe de John Frankenheimer, de 1964.

“O Coronel Franz Von Waldheim atópase destacado en París nunha misión moi concreta: facerse coas modernas pinturas francesas, as mesmas calificadas de “dexeneradas” polos nazis, e cargalas nun tren con destino a Alemaña para o Terceiro Reich. Debe ter moito coidado en non dañar a carga e un tempo limitado, xa que os aliados están perto de reconquistar a cidade”

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies