Despois da existosa edición da Semana de Cine 2017 e dun pequeno descanso estival, neste mes de setembro volve a programación regular do Cineclube Ádega. A selección deste mes está composta por “Tarde para la ira”, o celebrado debut de Raúl Arévalo como director, e “Tengoku to Jigoku” (O inferno do odio), unha obra mestra de Akira Kurosawa.
A primeira proxección terá lugar este mesmo mércores día 13, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía no horario habitual de 21:00 h, sendo a cinta protagonista “Tarde para la ira”. Gañadora de 4 premios na última edición dos Goya (Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Actor de Reparto), a estrea de Raúl Arévalo na dirección é un thriller de vinganza, hiperrealista e áspero, se ben o realizador califícaa como “un drama con toques de thriller”
“Madrid, agosto de 2007. Curro entra na cadea tras ter participado no atraco a unha xoiería. Él era o conductor, e o único detido polo roubo. Oito anos despois sae do cárcere con gana de comezar unha nova vida coa súa moza e o seu fillo, mais atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José.