Este mes de febreiro proxectaremos dúas longametraxes no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía (Rey Daviña 14), ambas en VOSE.

A primeira proxección terá lugar o mércores día 8 ás 21:00 horas, sendo a protagonista a cinta islandesa de 2015 “Fúsi / Virgin Mountain” (Corazón xigante). Dirixida por Dagur Kári, “Corazón xigante” foi estreada na 65ª edición do Festival de Berlín, e obtivo, entre outros premios, o de mellor actor e mellor argumento no Festival de Cine de Tribeca.

“Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo moza e sendo o seu único interés as batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento que comparte coa súa nai. Un día recibe un cupón para asistir a unha escola de baile, onde coñece a Sjönf, unha muller solitaria, coma él, con profundas feridas psicolóxicas” 


Febreiro
 

O mércores 22, tamén en horario de 21:00 horas, proxectarase o filme de 1966 “Seconds” (Plan diabólico), dirixido por John Frankheimer e con Rock Hudson, Salome Jens e John Randolph nos papeis principais. Trátase dunha mistura de thriller psicolóxico, drama e acción sobre a obsesión coa eterna xuventude.

“Hamilton, un importante executivo canso do tipo de vida que leva, soña con convertirse en alguén distinto e comezar unha nova vida. A través dun amigo que cría falecido, Hamilton é abordado por unha sociedade secreta coñecida como a “Compañía”.”



En ambas proxeccións o acceso é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.